Curso de BIOAPICULTURA 2018

O Enxame como Ser Vivo

O enxame debe ser considerado un ser vivo no seu conxunto e hai motivos de peso para que así sexa:

  • O enxame destina as 2/3 partes dos seus recursos alimenticios a manter o seu núcleo vital a 35ºC de xeito constante.
  • Mantén unha humidade interna do 50%.
  • A comunicación por feromonas dentro do enxame equivale a unha complexa rede hormonal coa que manter interrelacionados todos os seus órganos.
  • Os panais de cera da cámara de cría son un auténtico órgano do enxame. Calquera sustituto sintético, ben sexan panais de plástico ou cera estampada, traerá consigo un debelitamento do sistema inmune do enxame.

cadro_1_para_web.jpg

A Bioapicultura consiste en:

  1. Axudar ás abellas a manter a temperatura óptima no seu “útero social” onde ten lugar a incubación das futuras abellas.
  2. Permitir e axudalas a facer a súa propia cera na cámara de cría.
  3. Intervir o menos posible no enxame e diagnosticar a súa situación polos seus síntomas externos.
  4. Con todo elo, axudaremos ás abellas a defenderse por si soas da maioría das doenzas
  5. O corpo da cámara de cría está composto por 2 medias alzas nas que se dispoñen 11 cadros Dadant en disposición quente con unha pequena tira de cera na parte superior para que sirva de pauta de construcción dos novos panais.
  6. O fondo da colmea sera sanitario con bandexa extraible para poder determinar a incidencia de varroa
Dende hai algúns anos, as abellas están sufrindo unha situación como nunca se vira antes e a man do home está detrás. Os neurotóxicos e outros pesticidas que envelenan a nosas terras xunto coa velutina e outras pestes introducidas polo home fan que as abellas sucumban ante tales atrocidades medioambientais.
Que podemos facer nós por elas? Todo indica que o modelo de apicultura racional, tamén chamada moderna ou intensiva debe ser repensado.
Manexos e métodos de cultivo que non escoitan ao ENXAME.
O excesivo intervencionismo rompe a homoestase interna do enxame diminuíndo o seu sistema inmune tanto do propio enxame como das abellas, facéndoo máis vulnerable ás crecentes ameazas externas.
É convinte ver ao ENXAME como un todo interrelacionado onde as abellas son células especializadas que se comunican entre si a través dunha complexa rede hormonal máis propia dun mamífero que dun insecto, colaborando entre si para manter con vida ese fascinante superorganismo chamado ENXAME.
Cambiando os nosos manexos e maneiras de entendelas, poderemos axudalas a superar moitas das ameazas que hoxe as asolagan.

Eira da Xoana 2018

O Curso de Bioapicultura 2018 terá lugar na Eira da Xoana e a abellariza de prácticas atópase no Batán, ao pé do río onde se xunta o Pambre co Ulla.

Días:

  • 26 e 27 de maio de 2018
  • 15 e 16 de setembro de 2018

Lugar

O que este curso inclúe:

  • As persoas que superen o curso poderán participar no Programa de Investigación e Experimentación en Apicultura (Programa MENA) para poder estar exentas do tratamento anti Varroa.
  • Asesoramento gratuito durante o ano apícola 2018.

Importe

O custo do curso son 95€.

Para @s soci@s de ADEGA, APEGA, AGA, COBGA e afiliad@s ao SLG e FRUGA o prezo sería de 85€ se se fai o ingreso antes do 14 de maio de 2018. Despois desta data o custo sera de 95€.

Nº máximo: 25 persoas

Solicítanos información sen compromiso a bioapicultura@bioapicultura.org e te informaremos de todos os detalles e novidades sobre o Curso de BIOAPICULTURA 2018.

 

Noticia en Campo Gallego o 8 de marzo de 2017: Manexo de colmeas sen tratamentos, unha apicultura alternativa.

Noticia en La Voz de Galicia o 14 de abril de 2017: Os apicultor@s que entenden as abellas doutra maneira.

Formulario de inscrición

PROGRAMA DO CURSO

1)    Plantas e abellas; unha relación simbiótica. Plantas melíferas do entorno e seguimento das súas floracións. Bases fisiolóxicas do néctar e do pole.

2)    Fisioloxía do Enxame. Un superorganismo chamado Enxame. Órganos do enxame. Sistema hormonal do Enxame. Sistemas de comunicacións cara a dentro e cara a fora do enxame. Relación entre a homoestase do enxame e a súa saúde. Machos non tan vagos e a súa importancia na saúde da colmea.

3)    Reproducción natural. Reproducción e ciclo biolóxico do enxame.

4)    Patoloxías do enxame e o seu diagnóstico. Prevención. Momento de intervención.

5)    Técnica MENA de manexo preventivo. Temperatura e Cera; os dous pilares da técnica MENA.

6)    Produtos da Colmea; mel, pole, cera e própole e o seu cultivo natural. Parámetros de calidade e como conservalos.

Horario:

O curso iniciarase o día 26 maio con horario de 11 a 14h e de 16 a 20h. O día 27 será de 11 a 14h. Esta primeira parte do curso está destinada á bioloxía do enxame, doenzas, reprodución da abellariza e aplicación do método MENA de manexo preventivo.

Cada quen levará a súa comida que compartiremos nun convivio na Eira da Xoana.

 Este curso de BioApicultura é impartido por Xosé Manuel Durán Orús